Web do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego do Concello de Vigo
Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego do Concello de Vigo. Web Accesíbel

ver o contido principal Versión gráfica



principal
  • Menu sección

  • Escoitar audio

    Información e Participación Cidadá


    Na etapa na que o BNG estivo ao frente do goberno da cidade fixéronse esforzos importantes na tarefa de participación, facendo permeabeis as decisións tomadas polos órganos municipais competentes mediante as consultas ou estudos dos consellos sectoriais que, a pesar de estar creados, viviron hibernados durante a etapa do anterior goberno. En ocasións foi o Consello Económico e Social o que asumíu propostas de interese estratéxico da cidade, outras o Consello Sectorial de Urbanismo pilotou a conformación dun novo Plano Xeral para a cidade, outros consellos sectoriais formularon propostas que animaban á participación municipal en distintos ámbitos.

    Entre as medidas concretas nesta área podemos destacar:
    -Creouse o teléfono 010, un servizo de atención telefónica a cidadanía.
    -Púxose en marcha unha páxina de información municipal ( http://www.xornal.vigo.org ) que se actualiza diariamente e que permite facer trámites administrativos.
    -Desenvolveuse o Regulamento de Participación Cidadá coa creación dos consellos sectoriais de Medio Ambiente ou Urbanismo. Asemade aprobáronse os regulamentos do Consello Municipal de Deportes e do Consello Municipal de Saúde.
    -Creouse a figura do Valedor do Cidadán.


    MENU SECCIÓN
     Información e Participación Cidadá

    Páxina anterior
    Parte superior da páxina


    Información de contacto do grupo Municipal do BNG do Concello de Vigo:
    Correo:info@bng-vigo.org.
    Dirección: Praza do Rei s/n 8º Andar
    Créditos
    Aviso Legal Sobre a versión accesíbel